Exposizón "SABEDORIAS", por Mon Pernas 
Ate o vindeiro 5 de maio expoñemos no noso local varios debuxos e pinturas da artista Mon Pernas.

Se queredes expoñé-las vosas obras no CSA non tedes máis que comentá-lo.

Mais cousiñas:

O taier de guitarra: pola afluencia que ten, a partires de agora faise en dous turnos, xa temos dous "mestres".

Taier de Bodram: estamos a valorá-la posibilidade de fazé-lo, ofertouse unha persoa para levá-lo adiante. Se che interesa, aponta-te no balcón do CSA.

Campionato de Xadrez: Aponta-te xa! a partires do 5 de Maio.

Xa estamos a prepará-lo festival deste ano, enteira-te de cando é a próxima asemblea do colectivo e participa... se ves que tal...
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 2.9 / 387 )
Proxeczón documental deste Domingo 


As Encrobas: A ceo aberto

Documental de Xosé Bocixa que aborda a histórica loita da veciñanza das Encrobas contra a térmica.

Non vo-lo perdades!
Este Domingo ás 20:00 hrs. no Centro Social.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 330 )
ATENZÓN ! - Próxima Asemblea do Colectivo Fervesteiro 
O domingo que ven, ás 17:00 hrs. terá lugar no Centro Social a próxima asemblea do colectivo, na que se tratarán cuestóns relativas a xestón do Centro Social e do Festival deste ano.
Non dubides en participar e traé-las túas propostas, que no Fervesteiro estamos pola democracia directa.

Por utra banda, perante o éxito obtido na proxeczón documental deste domingo e, agora que temos proxector, decidemos fazer proxeczóns deste tipo tódolos domingos en adiante. Xa sabedes, os domingos ás 20:00 hrs. cine-documental no Ferves. É o noso xeito de fazer memória histórica nesta democracia desmemoriada.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 326 )
Proxezón Documental - LA BATALLA DE EUSKALDUNA 


Este domingo ás 20:00 hrs, proxectaremos no local o documental " La batalla de Euskalduna", magnífico exemplo das loitas obreiras contra a reconversón do naval que se deron nos oitenta no estado español.

Non vola perdades e saberedes "... why Astano non fai barcos."
Agardamos-vós.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 311 )
Por dentro e por fora. 



  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 280 )
Audio sobre a nova okupazón da Coruña 
Velaí vai unha ligazón dun audio de Radio FilispiM sobre o novo
Centro Social Okupado da Coruña por parte do colectivo A cultura preo(k)upa.

http://audio.urcm.net/spip.php?article2397
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 274 )
Gran torneo internacional de Cricket 
O próximo sábado 12, ás 17:00 hrs. terá lugar no CSA Fervesteiro o I TORNEO INTERNACIONAL DE CRICKET.
Todavía estás a tempo de apontar-te.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 259 )
O festival deste ano. 
Xa se está a comezar a falar do programa para este ano que, de novo, será en setembro. Hai varias ideas circulando por ahí.
Temos pensado que o lema deste ano sexa: " Governe quen governe: Esteiro non se vende !" en sintonía coas loitas populares que se están a desenvolver na Galiza. Tamén estamos pensando en montar unha especie de xornadas, paralelas ao festival, no que terán cabida toda-las loitas agrupadas na rede " Galiza non se vende" ( http://www.galizanonsevende.org ).
Se queres colaborar coa organizazón do festival non dubides en contactar no centro social. Estamos agardando-te!

  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 162 )
TAIER DE GUITARRA NO CSA 
Hoxe escoitei no Centro Social que o Taier de guitarra escomeza o próximo mércores, non sei se ás 20:00 hrs. O "maestro de cerimonias" será Carliños. Teño entendido que tambén haberá un torneo de cricket e outro de xadrez. Se che interesa, pregunta no CSA.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 2.9 / 167 )
FERVESTEIRO NO V CONSPIRANDO 
Este xoves santo, a asamblea de cooperantes do Centro Social Autoxestionado Fervesteiro dará apoio loxístico ao Colectivo Opaii-Radio Filispim na V edizón do Festival anual "Conspirando por unha radio libre". Polo tanto fecharemos o Centro Social. Desculpade as molestias (ou non!).

Vemo-nós no Inferniño.

http://opaii.blogspot.com/


  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 177 )

Next