Proxezón Documental - LA BATALLA DE EUSKALDUNA 


Este domingo ás 20:00 hrs, proxectaremos no local o documental " La batalla de Euskalduna", magnífico exemplo das loitas obreiras contra a reconversón do naval que se deron nos oitenta no estado español.

Non vola perdades e saberedes "... why Astano non fai barcos."
Agardamos-vós.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 311 )
Por dentro e por fora. 



  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 280 )
Audio sobre a nova okupazón da Coruña 
Velaí vai unha ligazón dun audio de Radio FilispiM sobre o novo
Centro Social Okupado da Coruña por parte do colectivo A cultura preo(k)upa.

http://audio.urcm.net/spip.php?article2397
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 274 )
Gran torneo internacional de Cricket 
O próximo sábado 12, ás 17:00 hrs. terá lugar no CSA Fervesteiro o I TORNEO INTERNACIONAL DE CRICKET.
Todavía estás a tempo de apontar-te.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 259 )
O festival deste ano. 
Xa se está a comezar a falar do programa para este ano que, de novo, será en setembro. Hai varias ideas circulando por ahí.
Temos pensado que o lema deste ano sexa: " Governe quen governe: Esteiro non se vende !" en sintonía coas loitas populares que se están a desenvolver na Galiza. Tamén estamos pensando en montar unha especie de xornadas, paralelas ao festival, no que terán cabida toda-las loitas agrupadas na rede " Galiza non se vende" ( http://www.galizanonsevende.org ).
Se queres colaborar coa organizazón do festival non dubides en contactar no centro social. Estamos agardando-te!

  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 162 )
TAIER DE GUITARRA NO CSA 
Hoxe escoitei no Centro Social que o Taier de guitarra escomeza o próximo mércores, non sei se ás 20:00 hrs. O "maestro de cerimonias" será Carliños. Teño entendido que tambén haberá un torneo de cricket e outro de xadrez. Se che interesa, pregunta no CSA.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 2.9 / 167 )
FERVESTEIRO NO V CONSPIRANDO 
Este xoves santo, a asamblea de cooperantes do Centro Social Autoxestionado Fervesteiro dará apoio loxístico ao Colectivo Opaii-Radio Filispim na V edizón do Festival anual "Conspirando por unha radio libre". Polo tanto fecharemos o Centro Social. Desculpade as molestias (ou non!).

Vemo-nós no Inferniño.

http://opaii.blogspot.com/


  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 177 )
NOVO CENTRO SOCIAL OKUPADO NAS ATOCHAS (A Coruña) 


Estos dias veu a luz un novo Centro Social na rúa Atocha Alta nº 14 do bairro coruñés de Montealto. Un saudo e parabéns para est*s compañeir*s de loita.

Non deixedes de visitá-lo.

http://aculturapreokupa.blogaliza.org/
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 183 )
Xa volve a esta aberto o Centro Social 
Despois de catro dias coas portas do centro social pechadas, porfin voltamos a estar en funcionamento. Decir unha vez mais, que os motivos de ter que pechar estes dias foron totalmente alleos a nosa resposabilidade, xa que foi debido a un problema entre a propietaria do inmoble e a compañia electrica, a causa de uns papeis e permisos.
Superado ese contratempo poñemonos mans a obra co horario de apertura habitual:
Domingo a Xoves de 19 a 23h
Venres e Sabados de 19 a 03h

En breves informaremos do dia e hora para os pases de video que tiveron que suspenderse.

Unha aperta!
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 266 )
UPS! PROBLEMILLAS NO CENTRO SOCIAL 
Por cuestóns alleas e anteriores á xestón da asamblea de cooperantes, a compañía da luz procedeu ao corte de suministro. Namentres solucionamos o problema non poderemos abrí-lo Centro Social. Agardamos unha pronta soluzón.
Por outra banda, vemo-nós na obriga de pospoñé-la proxeczón de curtas do Domingo, MAIS A ASAMBLEA ABERTA DO COLECTIVO SEGUE EN PÉ, para o Domingo 20 de Xaneiro ás 17:00 hrs.

Seguimos agardando a maior participazón.
Corre a voz!!!
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 216 )

Next