O festival deste ano. 
Xa se está a comezar a falar do programa para este ano que, de novo, será en setembro. Hai varias ideas circulando por ahí.
Temos pensado que o lema deste ano sexa: " Governe quen governe: Esteiro non se vende !" en sintonía coas loitas populares que se están a desenvolver na Galiza. Tamén estamos pensando en montar unha especie de xornadas, paralelas ao festival, no que terán cabida toda-las loitas agrupadas na rede " Galiza non se vende" ( http://www.galizanonsevende.org ).
Se queres colaborar coa organizazón do festival non dubides en contactar no centro social. Estamos agardando-te!

  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 162 )
TAIER DE GUITARRA NO CSA 
Hoxe escoitei no Centro Social que o Taier de guitarra escomeza o próximo mércores, non sei se ás 20:00 hrs. O "maestro de cerimonias" será Carliños. Teño entendido que tambén haberá un torneo de cricket e outro de xadrez. Se che interesa, pregunta no CSA.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 2.9 / 167 )
FERVESTEIRO NO V CONSPIRANDO 
Este xoves santo, a asamblea de cooperantes do Centro Social Autoxestionado Fervesteiro dará apoio loxístico ao Colectivo Opaii-Radio Filispim na V edizón do Festival anual "Conspirando por unha radio libre". Polo tanto fecharemos o Centro Social. Desculpade as molestias (ou non!).

Vemo-nós no Inferniño.

http://opaii.blogspot.com/


  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 177 )
NOVO CENTRO SOCIAL OKUPADO NAS ATOCHAS (A Coruña) 


Estos dias veu a luz un novo Centro Social na rúa Atocha Alta nº 14 do bairro coruñés de Montealto. Un saudo e parabéns para est*s compañeir*s de loita.

Non deixedes de visitá-lo.

http://aculturapreokupa.blogaliza.org/
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 183 )
Xa volve a esta aberto o Centro Social 
Despois de catro dias coas portas do centro social pechadas, porfin voltamos a estar en funcionamento. Decir unha vez mais, que os motivos de ter que pechar estes dias foron totalmente alleos a nosa resposabilidade, xa que foi debido a un problema entre a propietaria do inmoble e a compañia electrica, a causa de uns papeis e permisos.
Superado ese contratempo poñemonos mans a obra co horario de apertura habitual:
Domingo a Xoves de 19 a 23h
Venres e Sabados de 19 a 03h

En breves informaremos do dia e hora para os pases de video que tiveron que suspenderse.

Unha aperta!
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 266 )
UPS! PROBLEMILLAS NO CENTRO SOCIAL 
Por cuestóns alleas e anteriores á xestón da asamblea de cooperantes, a compañía da luz procedeu ao corte de suministro. Namentres solucionamos o problema non poderemos abrí-lo Centro Social. Agardamos unha pronta soluzón.
Por outra banda, vemo-nós na obriga de pospoñé-la proxeczón de curtas do Domingo, MAIS A ASAMBLEA ABERTA DO COLECTIVO SEGUE EN PÉ, para o Domingo 20 de Xaneiro ás 17:00 hrs.

Seguimos agardando a maior participazón.
Corre a voz!!!
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 216 )
ASAMBLEA ABERTA DO COLECTIVO FERVESTEIRO 
O domingo dia 20, ás 17:00 hrs no Centro Social, terá lugar a próxima asamblea aberta do Colectivo Fervesteiro.
Nela daremos conta das actividades do Colectivo perante o pasado ano e logo se abrirá o turno de palabra entre tod@-l@s asistentas/es.
A Intenzón é poñer en marcha unha nova edizón do Festival e mailos demais taieres e actividades que se plantexen.

PARTICIPA E TRAE AS TÚAS PROPOSTAS.


  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 224 )
BOLETÍN FERVESTEIRO Nº00 - Voceiro do Colectivo Fervesteiro 
Xa temos boletín do Colectivo...

Copias a disposizón de tod@s no Centro Social.
Estos dias colgaremos a versón PDF aquí.

  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 2.9 / 223 )
Inaguracion do Centro Social do Fervesteiro 
O proximo Venres 21 de Dezembro inagurase o Centro Social do Fervesteiro. Sera a partir das 19:00h na rua Adan e Eva. Obviamente no barrio de Esteiro!

Despois de 6 anos de actividades, damos un pequeno paso cara diante. Outro paso que continua o traballo realizado ata agora; as charlas, os pases de video, os debates, as xornadas, os festivais... Agardamos que co esforzo de cada vez mais xente, o novo local sexa unha ferramenta util, para prender lume nas consciencias e aptitudes das persoas que teñen no barrio obreiro de Esteiro un anaco das suas vidas.

Centro Social do Fervervesteiro. Rua Adan e Eva nº5 Esteiro-Ferrol 100% Autoorganizado 100%
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 253 )
Programa do 5º Fervesteiro 






Programa do 5º Fervesteiro


Venres 21

15:00h:
Apertura do espazo para graffities.
Na porta do asteleiro.

21:00h:

Cinema ao aire libre: "O salario do silencio". documental sobre a loita contra a planta de gas na ria de Ferrol.
Na praza do hinno galego.

22:00h:
Concertos.
Maladromena.(Hip-hop desde Compostela).
Lost psychotics( Punk-rock desde Ferrolterra).
Aljashsue and the visionaries.( Reagge-roots-ska desde A coruña).
Na porta do asteleiro.


Sabado 22

19:30h:
Roteiro polo barrio de esteiro.
Saida da porta do asteleiro.

21:00h:

Espectaculo: "Desconcertos con tropezons e auroras". Interpretado por Olaia Pazos. Teatro e musica.
Na Fundaçom Artabria. Travesia de Batallons s/n


22:00h:
Intervencion de Luz Mariña Torrente, membro do comite cidadan de emerxencia para a ria de Ferrol, e presidenta da AA.VV cruceiro de Mea, que levan dous meses ocupando o edificio do concello de Mugardos, en protesta pola ubicacion da planta de gas de Reganosa.
Na porta do asteleiro.

22:15h:
Cocertos.
Presa facil(rock de Ferrol).
Essenzia de lapo(Punk-glamour desde Vigo).
Som do galpom(Folck-fusion desde Compostela).
Dr Funkestein(Funk de Ferrolterra).
Na porta do asteleiro.

Ademais destas actividades, habera mercadillo artesanal, e tamen de colectivos. Entre grupo e grupo se proxectaran documentais e fotografias da loita contra a planta de gas. Asi como pinchadas varias despois dos concertos.
O espazo para os concertos esta cuberto baixo carpa, asi que si chove imos bailar igual!

Que aproveite.
A RIA E NOSA, E NON DE REGANOSA!!!!!!!!!!!!!
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 300 )

Back Next