VI edicion do festival Fervesteiro. 2008 
Esteiro non se vende!!



Dia:Venres 12
Hora: 23:00
Lugar: Centro social Fervesteiro. Rua Adan e Eva nº5
Cabaret: “YONI MEDIOGRAMO: POLITOXICÓMICO”

Dia: Sabado 13
Hora: 23:00
Lugar: Fundaçom Artabria.Travesia de Batallons s/n
Novo Circo: AS SIRCOPATAS co espectaculo “MONTAGEM”

Dia: Luns 15
Hora: 20:00
Lugar: Espazo libertario. Avda de Esteiro nº 10 baixo
Charla-debate:
“OS PUNTOS NEGROS DA COMARCA DE FERROL”. A charla sera impartida por varias persoas pertencentes a distintos colectivos sociais e ecoloxistas

Dia : Martes 16
Hora: 20:00
Lugar: Centro social Fervesteiro. Rua Adan e Eva nº5
Roteiro historico e reivindicativo:
“ESTEIRO EN MOVIMENTO”. Unha ruta polo barrio de Esteiro. Para lembrar o seu pasado, coñecer o seu presente e reivindicar un futuro para un dos barrios con mais historia de Ferrol

Dia: Mercores 17
Hora: 18:00
Lugar: Centro social Fervesteiro. Rua Adan e Eva nº5
Arte contra a especulacion:
“MURAL COLECTIVO” contra a degradacion especulativa que sufre boa parte do barrio de Esteiro.

Dia: Venres 19
Hora: 20:00
Lugar: Muralla de Bazan
Feira:
“FEIRA DE COLECTIVOS”. Punto de encontro e intercambio de informacion para os colectivos politicos e sociais da comarca. Venta de libros


Dia: Venres 19
Hora: 20:00
Lugar: Cines Duplex. Esteiro
Documental e debate:
“UNHA LOUSA SOBRE O CAUREL”.
Documental que recolle a problemática xurdida en torno as canteiras de lousa na serra do Caurel. Asistiran Mabel Rivera e Enrique Bannet productores da cinta. Entrada gratuita

Dia: Venres 19
Hora: 22:30
Lugar: Muralla de Bazan
Concertos: Lady evil (Metal-Ferrol)
Mencer vermello (Rock proletario-Ferrol)
Dub uten (Dub reggue- Ferrol)

Dia: Sabado 20
Hora: 20:00
Lugar: Muralla de Bazan
Feira:
“FEIRA DE COLECTIVOS”. Punto de encontro e intercambio de informacion para os colectivos politicos e sociais da comarca. Venta de libros


Dia: Sabado 20
Hora:22:30
Lugar: Muralla da Bazan
Concertos: El viejo caracol (Rock fusion-Ferrol)
Ulträqäns (Speed folk-A coruña)
Infekzion de orina (Punk- A coruña)
Os chiquilicuatres+Os jalochos (Punk fol-Riveira)



  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3.1 / 407 )
Proxeczón documental deste Domingo 


As Encrobas: A ceo aberto

Documental de Xosé Bocixa que aborda a histórica loita da veciñanza das Encrobas contra a térmica.

Non vo-lo perdades!
Este Domingo ás 20:00 hrs. no Centro Social.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 330 )
Proxezón Documental - LA BATALLA DE EUSKALDUNA 


Este domingo ás 20:00 hrs, proxectaremos no local o documental " La batalla de Euskalduna", magnífico exemplo das loitas obreiras contra a reconversón do naval que se deron nos oitenta no estado español.

Non vola perdades e saberedes "... why Astano non fai barcos."
Agardamos-vós.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 311 )
Inaguracion do Centro Social do Fervesteiro 
O proximo Venres 21 de Dezembro inagurase o Centro Social do Fervesteiro. Sera a partir das 19:00h na rua Adan e Eva. Obviamente no barrio de Esteiro!

Despois de 6 anos de actividades, damos un pequeno paso cara diante. Outro paso que continua o traballo realizado ata agora; as charlas, os pases de video, os debates, as xornadas, os festivais... Agardamos que co esforzo de cada vez mais xente, o novo local sexa unha ferramenta util, para prender lume nas consciencias e aptitudes das persoas que teñen no barrio obreiro de Esteiro un anaco das suas vidas.

Centro Social do Fervervesteiro. Rua Adan e Eva nº5 Esteiro-Ferrol 100% Autoorganizado 100%
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 253 )
CONCURSO DE DESEÑO DE CAMISETAS CONTRA A ESPECULACIÓN INMOBILIARIA 
especulacion
O colectivo fervesteiro comeza a súa andadura este ano 2007 convidandovos a participar con nós nun concurso para deseñar as nosas camisetas deste ano, co que pretendemos comezar un proceso participativo e cooperativo onde se recollan as imaxes e as expresións das persoas que estamos en contra da especulación inmobiliaria que os nosos barrios están a sufrir. Serán as imaxes utilizadas para as camisetas e carteis das actividades que se poñeran en marcha este ano.

BASES DO CONCURSO

1. Convocatoria:

Poderán participar: todas aquelas persoas, profesionais das artes, estudiantes ou aficionadas, que así o desexen, sin límite de idade nin lugar de procedencia.

2. Temas dos traballos:

Os traballos versarán sobre a especulación inmobiliaria e o noso rexeitamento á mesma.

3.- Traballos, lugar e prazo de presentación

Cada participante poderá presentar un número ilimitado de traballos, presentandoos nun formato que poda encaixe coas necesidades de impresión posteriores

Os traballos deberán adxuntar nun papel aparte os datos personais: nome, apelidos, dirección, municipio, país, teléfono e correo electrónico.

Os dibuxos cuxo tema non sexa o sinalado nestas bases serán elimindos da presente convocatoria. Os traballos presentados serán inéditos e non premiados ou recoñecidos noutros concursos.

Lugar de presentación: Os traballos poderán ser presentados no seguintes lugares:
Bar Rara Avis, na rúa Adan e Eva, en Esteiro, Ferrol
Fundación Artabria, Travesia de Batallóns, en Esteiro xunto a Casa do Patin, Ferrol.
Bar Boo Peito, na rúa Dolores, preto de Amboaxe, Ferrol.
No correo electrónico: fervesteiro a r r o b a lycos punto es

Plazo de presentación: ata o 30 de abril de 2007.

4. Premios

Seleccionaráse 1 traballo, que recibirán unha gratificación de 100 euros.

Así como a publicación dos mesmo na páxina do colectivo www.fervesteiro.org e nas exposicions rotatorias que se farán ó longo deste ano nos lugares arriba indicados.

5. Criterios de selección

Os traballos serán seleccionados por un xurado formado polas seguintes persoas: un artista da comarca, un membro de Adega e unha representante de fervesteiro.

Valorando de xeito especial, os siguintes criterios:

-Relación co tema do concurso.
-Crítica constructiva
-Orixinalidade.
-Calidade técnica da obra.

Que aporten ideas para a transformación e o cambio social.

Que as imaxes non transmitan estereotipos sexistas, racistas, homofobos, etc.


6.- Fallo do xurado e concesión de premios

A decisión sobre os traballos seleccionados será inapelable. A organización utilizará o traballo seleccionado para o uso sinalado ; o resto exporánse para a súa difusión, logo poderán recollerse poñendose en contacto co colectivo no correo electrónico.

7.- Aceptación e responsabilidade

A participación neste concurso supón a aceptación destas bases na súa totalidade. A organización non se fai responsable da pérdida ou deterioro que o material poda sufrir durante a súa manipulación ou transporte.

  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 2.9 / 273 )
CONCURSO DE GRUPOS  
O colectivo fervesteiro comeza a súa andadura este ano 2007 convidandovos a participar con nós nun concurso para grupos co gallo de movilizar e encher de sons as noites da primaveira. Este concurso prantexase non tanto coma unha competición , se non coma un xeito de mostrar as cousas que se están facendo na comarca e fóra dela.


BASES DO CONCURSO


1. Convocatoria:


Poderán participar todos aqueles grupos sen distinción de procedencia, estilo musical, etc., salvo aqueles que xa tocaron no festival en pasadas edicións. Tampouco poderán participar aqueles rupos de tendencias ideolóxicas contrarias ás da propia organización (vexase patriarcais, fascistas, etc.)

O tempo do que cada grupo disporá para tocar será de 30 minutos.

Os grupos que participen e non sain elexidos poderán optar igualmente a tocar no festival, se a organización asi o decide.


2.- Lugar e prazo de presentación


Os grupos que desexen participar deberán inscribirse no correo electrónico do colectivo, fervesteiro a r r o b a lycos punto es, e deberán abonar unha inscrición simbólica o día do concurso que serverá para financiar os gastos desprendidos da publicitación e organización do acto.

Plazo de presentación: ata o 30 de abril de 2007.

3. Premios

Celebraránse un total de tres semifinais das que saira elexido un grupo decada, que serán os que toquen na final, dos cales á súa vez saira elexido o grupo que tocará no festival.

A cea e as bebidas correran a cargo da organización.

Os concertos serán grabados para a súa posterior edición contando con dúas cancións por grupo que serán seleccionadas polas persoas integrantes do mesmo.

4. Criterios de selección:

O público presente na sala o día do concurso será o encargado de elexir ó grupo gañador, usando un sitema de unha entrada, un voto, que será recollido nas furnas correspondentes ó acabar os concertos.

5.- Fallo do xurado e concesión de premios

A organización fará o reconto de votos e comunicará ese mesmo día o fallo da mesma. A organización non se fai responsable da decisión do público.

6.- Aceptación e responsabilidade

A participación neste concurso supón a aceptación destas bases na súa totalidade.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 246 )