Achegase a 6 edicion do festival fervesteiro 


Xa podemos confirmar as datas nas que se vai a celebrar o 6º Festival do fervesteiro. Finalmente sera do 12 ao 20 de setembro en distintos lugares do barrio.
Pendentes de unhas ultimas confirmacions, podemos adiantar que o festival comenzara con dous dias de espectaculos de novo circo e cabaret, para logo celebrarse as charlas, debates e proxeccions que daran pasao a os dous ultimos dias de musica.
A seman que ven publicaremos o cartaz definitivo
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 371 )
NOVO CENTRO SOCIAL OKUPADO NAS ATOCHAS (A Coruña) 


Estos dias veu a luz un novo Centro Social na rúa Atocha Alta nº 14 do bairro coruñés de Montealto. Un saudo e parabéns para est*s compañeir*s de loita.

Non deixedes de visitá-lo.

http://aculturapreokupa.blogaliza.org/
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 183 )
Xa volve a esta aberto o Centro Social 
Despois de catro dias coas portas do centro social pechadas, porfin voltamos a estar en funcionamento. Decir unha vez mais, que os motivos de ter que pechar estes dias foron totalmente alleos a nosa resposabilidade, xa que foi debido a un problema entre a propietaria do inmoble e a compañia electrica, a causa de uns papeis e permisos.
Superado ese contratempo poñemonos mans a obra co horario de apertura habitual:
Domingo a Xoves de 19 a 23h
Venres e Sabados de 19 a 03h

En breves informaremos do dia e hora para os pases de video que tiveron que suspenderse.

Unha aperta!
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 266 )
Comenzou a conta a atras...o Fervesteiro sera os dias 21 e 22 de Setembro!!! 

Pois si, nenos e nenas, o fervesteiro volta a carga neste mes de setembro. Falta algunha xente que estivo sempre, a quenes botaremos de menos, mais veu xente que non estivo nunca, a quen lle damos a benvida, os animos estan renovados, e coa decision firme de tirar un ano mais para diante. Non un so dia como anunciamos fai tempo, senon con dous dias de festa e protesta. Porque mais alo de disfrutar de boa musica ao vivo, o fervesteiro e tamen un acto de reclamo das ruas para desfrute da xente, en contraposicion a que a nosas ruas sean para o "desfrute" das inmobiliarias, do empresariado, e do politiqueo.

O Fervesteiro naceu a caron da ria de Ferrol, unha ria que o muro da irracionalidade militar nos impide ver, pero non sentir. Hai outros muros a dia de hoxe na nosa comarca, que tentan impedir que vexamos o gran perigo que soporta a nosa ria, as nosas vidas, e os nosos postos de traballo. Este e muro de silencio corrupto e cobarde que rodea a plata de gas de Reganosa, por este motivo, e seguindo o sentir das persoas que forman parte da asemblea do fervesteiro, este ano, o da 5º edicion do festival, sumaremos o noso esforzo solidario, para rachar ese muro, e apoiar e compartir a xusta loita emprendida fai sete anos, polo comite cidadan de emerxencia para a ria de ferrol. Asi que neste V Fervesteiro berraremos ben alto "A ria e nosa, e non de Reganosa!".

Nesta edicion, seguiremos a percorrer o camiño marcado fai xa cinco anos, e intentaremos ofrecer para desfrute de tod@s moitas mais cousas que musica e protesta, estamos argallando actividades de fotografia, exposicions, teatro, debates,etc. En canto a os concertos seran na linea habitual, e polo tanto habera para case que todos os gustos.

A proxima seman publicaremos o programa definitivo do festival, se tes algunha idea, algunha critica, aportacion, etc, a inda estas a tempo.

Fervesteiro 100% autoxestionado 100% multidisciplinar 100% non lucrativo

fervesteiro@lycos.es

  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 308 )
O fervesteiro será en Setembro 
Este ano no Fervesteiro nos tomamos as cousas con calma e decidimos pasar a data do festival para setembro debido a que queremos facelo ben. Será un único pero intenso día. non deixes de visitarnos para estar ao tanto.
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3.1 / 305 )
Arte no Fervesteiro 2006 
Ambiente de graffiti e moita arte no fervesteiro do ano pasado...


  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 289 )
Fervesteiro 2007 
fervesteiro
O Colectivo Fervesteiro comeza a súa andadura este ano 2007 convidandovos a participar con nós nun concurso para grupos co gallo de movilizar e encher de sons as noites da primaveira. Este concurso prantexase non tanto coma unha competición, se non coma un xeito de mostrar as cousas que se están facendo na comarca e fóra dela.


Tamén hai un concurso para deseñar as camisetas e o cartel das actividades que se poñeran en marcha este ano, co que pretendemos comezar un proceso participativo e cooperativo onde se recollan as imaxes e as expresións das persoas que estamos en contra da especulación inmobiliaria que os nosos barrios e pobos están a sufrir.


Tedes ate o 30 de Abri

fervesteiro a r r o b a lycos punto es
  |  Ligazón  |  link relacionado  |   ( 3 / 254 )